MATERIAS DO DEPARTAMENTO PENDENTES - TECNOLOXÍA 2º E.S.O.

 

            Realizarase un seguimento do proceso de recuperación dos contidos non superados, que dividiremos en tres partes.

Cada unha delas será obxecto dun exame parcial. Se @ alumn@ supera os tres exames cunha nota mínima de 5 en cada un deles, terá recuperado a materia.

Se superase dous deles cunha nota mínima de 5 e a nota do terceiro fose igual ou superior a 3.5 puntos, calcularíase a media aritmética das tres notas que, se fose igual ou superior a 5 puntos, faría que @ alumn@ recuperase a materia.

Se non puidese recuperar a materia con estes tres exames parciais, debería acudir ao exame global de xuño para recuperar a totalidade da materia.

@s alumn@s terán a posibilidade de solicitar, de estaren interesad@s no estudo da materia, unha relación dos exercicios máis característicos de cada Bloque que o profesor da materia lles facilitará para asistilos no proceso de recuperación, resolvendo todas cantas dúbidas puidesen xurdir pola realización destes exericios ou polo estudo da materia globalmente considerada. En todo caso, @s alumn@s xa posúen dita relación de exercicios, xa que figuran nos apuntamentos da materia que lles foron entregados no ano académico anterior.

        @s alumn@s terán ao seu dispor ao profesor da materia nos segundos recreos dos mércores, xoves e venres para formularlle calquera dúbida sobre a materia ou o proceso de recuperación.

As datas concretas de cada exame serán publicadas con antelación suficiente, dentro das limitacións que establece este plan de traballo, de forma que non se produza interferencia entre os distintos exames que un mesm@ alumn@ teña que realizar.

Ademais do estudo dos diferentes temas, recoméndase a realización dos diferentes exercicios que forman parte do temario do que dispón @ alumn@ para preparar mellor a materia.

Non se realizará o exame noutra data distinta á indicada excepto no caso de que @ alumn@ presente un Certificado Médico ou Administrativo oficial que xustifique a súa ausencia na data indicada.

DATAS E MATERIA DAS PROBAS PARCIAIS:

TECNOLOXÍA PENDENTE DE 2º DE E.S.O.

+ 1ª PROBA:

Días 18, 19 e 20 de Outubro de 2023 (no segundo recreo de cada día).

> TECNOLOXÍA. CONCEPTO, UTILIDADE, ETC. DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

> PROCESO TECNOLÓXICO DE RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. PASOS.

> DIAGRAMAS (DE FLUXO, DE FRECHAS, DE OPERACIÓNS E TEMPOS).

> ORZAMENTOS. CUSTOS, BENEFICIO, IMPOSTOS. REALIZACIÓN DUN ORZAMENTO.

+ 2ª PROBA:

Días 24, 25 e 26 de Xaneiro de 2024 (no segundo recreo de cada día).

> O DEBUXO EN TECNOLOXÍA (CÁLCULO DE ESCALAS, VISTAS, ACOUTACIÓN, PERSPECTIVAS, ETC).

> OS MATERIAIS.

+ 3ª PROBA:

Días 17, 18 e 19 de Abril de 2024 (no segundo recreo de cada día).

> AS ESTRUTURAS.

> OPERADORES MECÁNICOS E MÁQUINAS. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS.

> OS COMPUTADORES.

Entradas populares de este blog

MATERIAIS EDUCACIÓN DIXITAL 3º E.S.O.

MATERIAIS PARA TECNOLOXÍA 4º E.S.O.