Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2023

MATERIAS DO DEPARTAMENTO PENDENTES - EDUCACIÓN DIXITAL 3º E.S.O.

                Realizarase un seguimento do proceso de recuperación dos contidos non superados, que dividiremos en tres partes. Cada unha delas será obxecto dun exame parcial. Se @ alumn@ supera os tres exames cunha nota mínima de 5 en cada un deles, terá recuperado a materia. Se superase dous deles cunha nota mínima de 5 e a nota do terceiro fose igual ou superior a 3.5 puntos, calcularíase a media aritmética das tres notas que, se fose igual ou superior a 5 puntos, faría que @ alumn@ recuperase a materia. Se non puidese recuperar a materia con estes tres exames parciais, debería acudir ao exame global de xuño para recuperar a totalidade da materia. @s alumn@s terán a posibilidade de solicitar, de estaren interesad@s no estudo da materia, unha relación dos exercicios máis característicos de cada Bloque que o profesor da materia lles facilitará para asistilos no proceso de recuperación, resolvendo todas cantas dúbidas puidesen xurdir pola realización destes exericios ou polo estudo da